AD

Actualidad

Teo acollerá en maio a Copa de España de Billar

today11 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Levaranse a cabo a IV Proba en Categoría Junior e a V Proba en Categoría Absoluta
  • Os interesados teñen ata o vindeiro 19 de abril ás 12.00 horas para inscribirse no torneo

Teo, 11 de abril de 2024.- O Concello de Teo acollerá na primeira fin de semana de maio a celebración da Copa de España de Billar, onde se levará a cabo a IV Proba en Categoría Júnior e a V Proba en Categoría Absoluta. Na presentación deste certame participaron a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e o concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez.

O dito torneo nacional está organizado polo Club Billar Teo e a Federación Galega de Billar, baixo os auspicios da Real Federación Española de Billar. Celebrarase os días 3, 4 e 5 de maio no Hotel Los Tilos.

Poderán participar neste certame, que está incluído dentro do Circuito Nacional de Pool Bola 9, todos os xogadores españois e estranxeiros -cun ano mínimo de residencia no noso paíse que teñan licenza federativa en vigor. No caso da proba en categoría júnior, os participantes non poderán ter cumpridos os 19 anos durante a tempada deportiva en curso (do 1 de setembro ao 31 de agosto).

En calquera caso, os interesados teñen ata o vindeiro 19 de abril ás 12.00 horas para inscribirse no torneo. Unha cita deportiva de gran interese e calado no panorama deportivo e que conta con apoio por parte do Concello de Teo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%