AD

Comarca

Teo acollerá unha nova edición da Copa de España de Billar

today1 marzo, 2025

Fondo
share close
AD

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu á directiva do Club Billar de Teo para presentar unha nova edición da Copa de España de Billar, nas modalidades Absoluta e Júnior. Así, ademais do concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, estiveron o presidente do Club, Emilio Amado Pico, e o vogal, Enrique Rodríguez Lema. 

O campionato será os vindeiros días 21, 22 e 23 de marzo na sede do Club Billar Teo, ubicada no Hotel Los Tilos. Levarase a cabo a 4ª Proba Absoluta e a 3ª Proba Junior, baixo os auspicios da Real Federación Española de Billar. Os xogadores federados que estean interesados en participar teñen ata o vindeiro 7 de marzo para presentar a solicitude.

A alcaldesa felicitou aos organizadores polo seu traballo e compromiso con este deporte, unha disciplina en auxe que, no caso de Teo, conta cun elevado palmarés. De feito, na presentación tamén estivo o xogador Iávor Ricardov Moreno, subcampión na Euro Youth Masters Final.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *