AD

Comarca

Teo aposta por cámaras de vixilancia e máis presenza policial para frear os roubos

today30 diciembre, 2025

Fondo
share close
AD

Teo (A Coruña), 30 de decembro de 2025.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo un novo encontro esta mañá co comandante do posto principal da Garda Civil en Milladoiro, Jesús Tobar, e o xefe da Policía Local de Teo, Manuel Parga, para seguir coñecendo de primeira man os traballos de vixilancia no municipio, ante a oleada de roubos rexistrados nas últimas semanas en toda a comarca.

Ante esta situación, a rexedora municipal trasladoulle ao comandante a súa preocupación
e sinalou que acaba de solicitarlle ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, un incremento dos efectivos da Garda Civil para esta Comandancia, co fin de ampliar tamén o número de dotacións de vixilancia en todo o territorio teense. Así mesmo, a alcaldesa propuxo colocar cámaras de vixilancia en diferentes puntos do concello, como medida de
disuasión e seguridade. Unha medida que virá tamén acompañada dun novo reforzo de
persoal no corpo da Policía Local.

Durante a xuntanza, tamén estudaron as diferentes medidas de colaboración entre ambas forzas e corpos de seguridade, as investigacións que se están levando a cabo e os froitos acadados nos últimos días, con varias detencións e postas a disposición xudicial.

A alcaldesa sinalou que se trata dunha situación preocupante pero confía no bo traballo coordinado entre a Garda Civil e a Policía Local de Teo. Así mesmo, reiterou a total disposición do Concello ante calquera petición, pois o obxectivo final é que os roubos finalicen e se deteñan aos causantes.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *