Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 enero, 2025
Teo (A Coruña), 29 de xaneiro de 2025.- O Pleno do Concello de Teo aprobará hoxe a cesión gratuíta á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia dunha parcela para a construción de vivendas de promoción pública.
Así, a parcela está situada na rúa Cernadelo, no lugar das Galanas, parroquia de Calo. Trátase dunha parcela cunha superficie de 1.985,10 metros cadrados, que segundo o planeamento municipal, está destinada á construción de vivenda plurifamiliar e que forma parte do Patrimonio Municipal do Solo creado polo Concello mediante acordo plenario do 29 de outubro de 2008.
Tal e como se recolle na Proposta, esta cesión gratuíta redunda de maneira evidente e positiva en beneficio dos habitantes do termo municipal na medida en que a construción de vivenda é un dereito dos cidadás e unha obriga das Administracións Públicas, tendo a súa execución un impacto positivo e evidente para os habitantes do Concello.
Unha vez aprobada esta Proposta polo Pleno do Concello, que terá lugar este xoves ás 20.00 horas, someterase o expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante o seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes. No caso de que non houbera ningunha alegación, o acordo quedará definitivamente adoptado e farase público no BOP da Coruña.
POS+ 2025
Outro acordo que se debatirá hoxe no Pleno municipal será a aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único Concellos) POS+ 2025.
Deste xeito, o Concello poderá solicitar a aplicación da achega provincial asignada.
Este orzamento dedicarase a gastos correntes e o 25% a investimentos financeiros sostibles, concretamente ao afirmado e acondicionamento do viario municipal entre San Domingo e Luou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)