AD

Comarca

Teo continúa coa tramitación de dúas modificacións no PXOM logo dos informes sectoriais favorables

today25 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • Trátase das modificacións nº2 e nº3 que foron aprobadas de forma inicial no pasado Pleno de marzo
  • Unha vez aprobadas de forma provisional no Pleno de setembro, enviaranse á Xunta de Galicia para a emisión do informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo e, posterior, aprobación definitiva en Pleno
  • Con estes cambios búscase adaptar os preceptos normativos á nova realidade que emerxe a raíz das modificacións das tipoloxías edificatorias e das novas necesidades da veciñanza; así como clarificar a regulación do réxime das obras en edificacións que se atopan fóra de ordenación ou de desconformidade co planeamento

Teo (A Coruña), 25 de setembro de 2025.- O Pleno do Concello de Teo aprobou onte de forma provisional as dúas modificacións puntuais nº2 e nº3 -non substanciais- ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, logo de recibir de forma favorable os informes sectoriais. Cabe sinalar que ambas modificacións foran aprobadas de forma inicial no Pleno de marzo. Así, agora toca remitilas á Xunta de Galicia para a emisión do correspondente informe preceptivo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo e, finalmente, serán remitidas de novo ao Pleno municipal para a súa aprobación final.

As dúas modificacións pretenden adaptar os preceptos normativos á nova realidade que emerxe a raíz das modificacións das tipoloxías edificatorias e das novas necesidades da veciñanza; así como clarificar a regulación do réxime das obras en edificacións que se atopan fóra de ordenación ou de desconformidade co planeamento.

Así, a Modificación Puntual nº2 do PXOM busca permitir unha maior flexibilidade na implantación das edificacións principais dentro da parcela edificable, pasando así dos actuais 25 primeiros metros ata os 50 metros dende a aliñación oficial. Tamén vai permitir a implementación de cubertas planas no solo de núcleo rural, na súa área de extensión (N2), facilitando así o desenvolvemento arquitectónico dentro destas zonas rurais. Por último, tamén contempla a eliminación da prohibición de edificar en parcelas en función da pendente natural da mesma. Ata o de agora, a pendente máxima permitida era do 30%, o que producía agravios comparativos, xa que era un mero condicionante físico ao deseño arquitectónico da vivenda. Agora, con esta eliminación, a construción proxectada terase que adaptar á realidade física do terreo, fomentando así un desenvolvemento urbanístico máis harmonioso e respectuoso, sen comprometer a calidade estética nin a funcionalidade das vivendas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *