Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today27 agosto, 2025
Teo (A Coruña), 27 de agosto de 2025.- O Concello de Teo convoca para este venres, 29 de agosto, un Pleno Extraordinario para valorar a situación xeral do municipio. Unha sesión que foi demandada polo grupo socialista, a pesar de que non se convocaba dende o ano 2010.
De feito, tal e como establece o Regulamento Orgánico Municipal do Concello de Teo, no seu artigo 19.3, “ O pleno celebrará sesión extraordinaria cando así o decida o presidente ou o solicite a cuarta parte, cando menos, do número legal de membros da Corporación”.
Así, a sesión do vindeiro venres foi solicitada polo grupo do Partido Socialista de Teo, incidindo en que era unha obriga convocalo. Obriga, canto menos, que non se levou a cabo por parte dos últimos gobernos municipais, pois este Pleno Extraordinario só se convocou en tres ocasións: o 26 de febreiro de 2008, o 15 de abril de 2009 e, finalmente, o 4 de marzo de 2010.
O único punto que ten esta sesión extraordinaria é a valoración das actuacións levadas a cabo polo actual Goberno local nos dous anos de mandato. Unha panorámica que xa expuxo no seu día a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, pero que ante a insistencia da Oposición volverá a debullar.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)