AD

Actualidad

Teo destinará preto de 200.000 euros no arranxo de varias rúas nos Tilos

today3 agosto, 2024

Background
share close
AD
  • As obras consistirán, fundamentalmente, na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias
  • As rúas de Ameneiro, Castiñeiro e Carballo serán obxecto de arranxo, dadas as actuais deficiencias froito da antiguedade do último pavimentado, das inclemencias meteorolóxicas e do propio desgaste ocasionado polo elevado tráfico rodado

O Concello de Teo inicia o expediente para a contratación da obra de asfaltado de varias rúas municipais situadas na zona dos Tilos, dadas as actuais deficiencias que impiden o seu correcto funcionamento, tales como descarnaduras, fendas e fochancas distribuidas de maneira xeralizada pola súa superficie.

O actual deterioro das rúas Ameneiro, Castiñeiro e Carballo é consecuencia tanto da antiguedade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo. Tamén inflúe o propio desgaste ocasionado polo uso do mesmo, con moito tráfico rodado por estas vías.

Así, as actuacións previstas pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada, posto que o seu lamentable estado repercute nun grave perxuizo no uso destas infraestruturas polo cidadán. Por todo isto, faise necesario invertir no seu acondicionamento co fin de mellorar o desprazamento por estas vías e reforzar a seguridade viaria.

Neste senso, as obras de arranxo e acondicionamento dos viarios, ademais de mellorar os accesos existentes e a sinalización, consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Así, procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.

O tramo a arranxar comprende unha lonxitude total duns 1.500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 12.725 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de dezanove tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.

O orzamento previsto para esta actuación ascende a 190.869,82 euros e o prazo de execución estímase nun dous meses. A licitación do contrato sairá nas vindeiras semanas na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%