AD

Comarca

Teo rehabilitará a Ponte Nova de Rarís a través dunha achega da Xunta

today22 abril, 2025

Fondo
share close
AD
  • Procederase a reparar o pavimento da ponte con lousas de granito e, nos accesos, colocarase un tramo de adoquín con pendente que impida a filtración de augas
  • Tamén se repoñerá o peitoril e os sillares de cimentación, que agora mesmo faltan na base do estribo, ademais de consolidar as pezas e o recheado das xuntas
  • Así mesmo, procederase á adecuación da súa contorna, con limpeza e retirada de vexetación nos camiños e no propio leito do río

Teo (A Coruña), 22 de abril de 2025.- O Concello de Teo rehabilitará a Ponte Nova de Rarís a través dunha subvención da Xunta de Galicia, co fin de poñer en valor o patrimonio histórico do municipio. Trátase dunha petición realizada polo ente local ante o mal estado desta infraestrutura.
Neste senso, procederase a reparar o pavimento da ponte con lousas de granito e, nos accesos, colocarase un tramo de adoquín con pendente que impida a filtración de augas. Tamén se repoñerá o peitoril e os sillares de cimentación, que agora mesmo faltan na base do estribo, ademais de consolidar as pezas e o recheado das xuntas.

No tocante á contorna desta ponte, procederase á retirada da vexetación que causa dano nesta infraestrutura, así como árbores de gran envergadura que creceron preto da ponte e supoñen un perigo ante a posibilidade de caída de tronco ou pólas. Por último, desbrozaranse e limparanse os camiños nos seguintes 20 metros despois da ponte e retiraranse ramas, troncos e lixo que se localice ata 30 metros augas arriba dentro do leito do río.

Con esta rehabilitación da ponte e a adecuación da súa contorna, preténdese promocionar e poñer en valor o patrimonio histórico do Concello, recuperando e mantendo así os elementos singulares e priorizando o seu uso tradicional. Neste caso, as pontes de Galicia son un reflexo da riqueza cultural e grandes testemuñas e escenarios de importantes eventos históricos, polo que cómpre apostar polo seu mantemento.

O gasto total das actuacións do proxecto ascende a algo máis de 42.000 euros, dos cales o 20% son achegados polo propio Concello e o 80% restante pola Administración galega.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *