AD

Comarca

Teo solicita ao Estado un acceso á AP-9 para mellorar o tráfico no seu paso polo municipio

today23 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O concello é un dos poucos municipios atravesados pola autoestrada AP-9 de norte a sur e que, a día de hoxe, non ten ningún acceso á mesma
  • Este novo enlace permitiría conectar a dita autopista coa estrada provincial CP-8202, o que evitaría un importante fluxo de tráfico

Teo (A Coruña), 23 de outubro de 2024.- O Concello de Teo vén de solicitarlle ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible un acceso á autoestrada AP-9 para mellorar o tráfico rodado ao seu paso polo termo municipal, máis tendo en conta os atascos e demoras que se producirán polas obras da estrada nacional ao seu paso polo Milladoiro.

Neste senso, cómpre destacar que Teo é un dos poucos concellos atravesados pola autoestrada AP-9 de norte a sur e que, a día de hoxe, non ten ningún acceso á mesma. Con esta solicitude preténdese dotar ao municipio de dita conexión, a cal non suporía ningunha merma dos ingresos na concesionaria, xa que a entrada se situaría dentro do tramo denominado Santiago norte-Santiago sur, actualmente libre de peaxe.

Este novo enlace permitiría conectar a dita autopista coa estrada provincial CP-8202, o que evitaría un importante fluxo de tráfico, xa que para empregar a AP-9 con dirección sur, os usuarios necesitan desprazarse en sentido contrario cara o norte ata as saídas de Santiago O Milladoiro para poder coller o enlace máis próximo. Ese enlace actual está, en momentos puntuais, saturado con considerables retencións, as cales serán maiores cando comecen as obras de humanización do Milladoiro.

Polo tanto, atendendo a unha necesidade real da veciñanza de Teo e dos municipios limítrofes, o Concello considera máis que necesario realizar un estudo de viabilidade para abrir esta nova entrada con dirección Vigo e unha saída para os vehículos que proceden de dita cidade unha vez superada a peaxe.

Así, a alcaldesa salientou que esta pode ser tamén unha moi boa solución ao problema que o propio Ministerio creou ao seguir adiante coas obras de humainzación do Milladoiro, xa que non ofreceu ningunha alternativa real para evitar os futuros atascos que vai ocasionar este proxecto. Este novo posible acceso á AP-9 suavizaría o tráfico rodado, o cal conlevaría tamén beneficios cara o medio ambiente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%