AD

Actualidad

Terras de Santiago promove o turismo cunha gastronomía ecolóxica e de quilómetro cero

today2 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Compostela acollerá a próxima semana a xornada “O fío verde”, na que unha vintena de produtores locais reuniranse con restauradores e empresas de catering

2 de maio de 2025.- Dotar aos restaurantes dunha materia prima ecolóxica, de inmellorable calidade e de quilómetro cero que lles permita dar un salto adiante á nosa gastronomía e convertela nun dos eixos principais da promoción turística do Xeodestino Terras de Santiago, xunto aos seus recoñecidos atractivos paisaxísticos, culturais, naturais e patrimoniais. Este é o obxectivo principal da xornada “O fío verde”, primeira acción de promoción turística organizada polo Xeodestino Terras de Santiago e que terá lugar a próxima semana en Compostela.

“O fío verde” reunirá a unha vintena de produtores locais de produtos de horta ecolóxica, leite, queixo, pasta fresca e distintos produtos cárnicos con restauradores e empresas de catering que se atopan na área de influencia do Xeodestino Terras de Santiago coa intención de que poidan incorporalos á súa lista de provedores. Uns emprendedores e emprendedoras dos municipios que integran este xeodestino: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

“Levamos a terra no noso nome, por algo somos o Xeodestino Terras de Santiago. Unha terra vinculada non só a nós, senón tamén aos nosos devanceiros. E con esta iniciativa estamos intentando recuperar uns sabores que parecían esquecidos, aqueles dos nosos avós e avoas porque estamos convencidos de que a súa frescura, a súa autenticidade e a súa calidade constitúen un atractivo innegable e unha das fortalezas da nosa proposta turística ao visitante”, explican dende a organización.

A xornada “O fío verde” está organizada polo Xeodestino Terras de Santiago en colaboración co GDR Terras de Compostela e Slow Food Compostela. Terá lugar a próxima semana nun establecemento hostaleiro compostelán e agárdase contar tamén coa asistencia dos concelleiros e concelleiras de turismo dos once municipios que integran este xeodestino.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *