Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 septiembre, 2025
O pleno para a súa votación será o 13 de outubro ás 12:00 horas
O Partido Popular e o PBBI de Vicente Mariño, actualmente parte do tripartito de goberno, presentaron pasadas as dúas da tarde deste luns unha moción de censura en Ribeira. A iniciativa busca poñer fin ao executivo presidido por Luis Pérez e devolver as rendas da alcaldía ás filas conservadoras. Segundo as fontes consultadas polo Diario de Arousa, a candidata proposta como nova rexedora será Mariola Sampedro, do PP.
A moción chega asinada polos dez concelleiros populares e por catro dos cinco representantes do PBBI. Queda fóra José Luis Furones, quen xa evidenciara as súas discrepancias internas no grupo durante a recente votación dos festivos locais.
Nos últimos meses producíronse diversas reunións de achegamento entre ambas formacións, tanto a nivel local como en Santiago, con participación de dirixentes do PP e do propio Mariño. Eses contactos cristalizan agora nun acordo formal de moción de censura.
Tal e como establece o regulamento das administracións locais, a sesión plenaria terá lugar o vindeiro 13 de outubro ás 12:00 horas. Nese pleno está previsto que Mariola Sampedro sexa investida nova alcaldesa de Ribeira, sempre segundo a información de Diario de Arousa.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)