AD

Actualidad

Touro acolle este sábado o XV Festival galego de Teatro Escolar

today13 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

Esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Touro o XV FESTIVAL GALEGO DE TEATRO ESCOLAR DE TOURO que se celebrará o sábado, 16 de marzo, nas rúas desta localidade e na Casa de Cultura.

Este evento está organizado pola ANPA do CPI Fonte Díaz de Touro e conta coa colaboración do Concello de Touro, A Asociación Cultural A Pinguela de Bama, a Banda de Música Isabel II de Touro e o grupo Setepontes.

Na presentación participaron o alcalde de Touro, Roberto Castro Rocamonde; o vicepresidente de A Pinguela de Bama, José Manuel Caneda Varela; o presidente da Banda de Música, Manuel Rodríguez Calvo; Lucía Sevio Barrio, representante do CPI Fonte Díaz e o director de teatro, Afonso García Penas.

Participarán nesta xornada cultural máis de 130 actores e actrices de tres Aulas de Teatro de diferentes puntos xeográficos de Galicia (Touro, Palas de Rei e Teo).

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%