AD

Comarca

Tres atletas do club de atletismo MillaRaio clasifícanse para os campionatos de España

today26 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

Esta fin de semana celebraranse os campionatos de España de atletismo, no que o club de atletismo amesán Millaraio estará representado con tres dos seus atletas

Puri Cariñena e David López van participar no campionato de España Máster que se vai celebrar en Antequera, mentres que Nuno Castro acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón

Ames, 26 de febreiro de 2025.- Durante a vindeira fin de semana, o sábado 1 e o domingo 2 de marzo, tres atletas do club de atletismo MillaRaio van competir nos campionatos de España. Puri Cariñena e David López van participar no campionato de España Máster que se vai celebrar en Antequera, mentres que Nuno Castro acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón, proba na que se proclamou campión galego hai un mes.

A vindeira fin de semana do 1 e 2 de marzo, vanse celebrar dous campionatos de España de pista curta nos que o club atletismo MillaRaio contará coa participación de tres atletas.

Ata o concello de Antequera viaxarán Puri Cariñena e David López para participar no campionato de España Máster. David competirá nas probas de salto de altura, 60 metros valos e pentatlón, mentres que Puri participará nos 60 metros lisos, 400 metros e na proba de remudas mixta 4×200, proba na que correrá cos atletas do club atletismo Sada.

Por outra banda, Nuno Castro, acudirá a Valencia ao campionato de España sub18 para participar na proba de heptatlón, proba na que se proclamou campión galego hai un mes. Viaxará xunto co seu adestrador Juan Pablo Fernández e terá que realizar sete probas entre o sábado e o domingo (60 metros lisos, salto de lonxitude, lanzamento de peso, salto de altura, 60 metros valos, salto con pértega e 1000 metros).

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *