AD

Actualidad

Tres empresas de Santiago e comarca impulsan a súa proxección internacional

today6 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025 — As empresas Macrotest, Bodegas Lodeiros e Artio Nutrición foron seleccionadas para participar no programa “Galicia Avanza”, unha iniciativa da Xunta de Galicia e Tecnópole destinada a apoiar a internacionalización de produtos e servizos innovadores.

Macrotest, con sede en Santiago, é unha empresa tecnolóxica con máis de dúas décadas de traxectoria no desenvolvemento de software e transformación dixital. A súa proposta céntrase na expansión internacional dun servizo de migración de grandes volumes de datos á nube, con especial foco nos sectores financeiros de Florida (EEUU) e México.

Bodegas Lodeiros, tamén de Santiago, aposta por consolidar a presenza internacional do seu vermut galego premium, elaborado de forma artesanal e cun forte compoñente de sustentabilidade e identidade cultural. A adega centenaria dirixe os seus esforzos cara aos mercados de Alemaña, Suíza, Latinoamérica e Estados Unidos.

Artio Nutrición, situada no concello de O Pino, elabora bebidas isotónicas naturais a base de auga de mar procedente dos afloramentos das Illas Cíes. A compañía, que destaca polo seu enfoque saudable e sen aditivos, pretende chegar aos mercados do Golfo Pérsico, Estados Unidos, Centroeuropa e Xapón, onde detecta unha crecente demanda deste tipo de produtos.

Estas tres empresas son exemplo do tecido innovador galego que aposta pola internacionalización como vía de crecemento, coa colaboración institucional como aliada clave.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *