Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Tres persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado no lugar de Castiñeiro Redondo, na estrada en dirección a Marzoa, tras a colisión entre dous turismos.

O aviso foi recibido a través do CIAE 112 Galicia, mobilizando ata o lugar a tres efectivos da Protección Civil de Oroso. As persoas feridas foron atendidas no punto polos servizos sanitarios e posteriormente trasladadas ao hospital en ambulancias do 061.
No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico, que se encargaron da regulación da circulación e da investigación das causas do sinistro.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)