AD

Comarca

Un bronce nacional para Valga

today7 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

O valgués Yeray Blanco López destacou esta fin de semana no IX Campionato de España de Pesca na modalidade de Embarcación Fondeada, celebrado en Palma de Mallorca. O mozo, natural do Montiño (Devesa) e de só 20 anos de idade, competiu na categoría xuvenil representando a Galicia, convocado pola Federación Galega de Pesca e Casting.

Yeray Blanco conseguiu a medalla de bronce tras realizar un excelente desempeño ao longo das dúas mangas de competición, cada unha de catro horas de duración. Ao final, acadou un total de 33 capturas, que lle valeron para subir ao podio e levar o terceiro posto.

Este logro consolida a traxectoria do mozo pescador, que segue a destacar a nivel nacional e a poñer o nome de Galicia entre os mellores do país nesta disciplina deportiva.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *