Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un condutor tivo que ser excarcerado na madrugada deste martes en Teo logo de sufrir un accidente de tráfico na estrada DP-6502, ao seu paso pola parroquia de Lampai.
Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco despois da medianoite, cando un particular alertou de que o vehículo saíra da vía e impactara contra unha árbore, quedando o ocupante no seu interior sen poder saír.
Ata o punto desprazáronse efectivos do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Padrón e da Garda Civil de Tráfico. Os membros do GES confirmaron que o home estaba consciente pero atrapado, polo que foi necesario empregar material de excarceración para retirar as portas e o maleteiro e facilitar a súa liberación.
Unha vez rescatado, o ferido foi atendido polos servizos sanitarios e trasladado ao hospital de referencia.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)