AD

Comarca

Un home ferido tras quedar atrapado nun accidente en Padrón

today6 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Imaxe: Bombeiros Boiro.

Na noite do sábado, arredor das 22:15 horas, produciuse un accidente de tráfico na estrada DP-3302, ao seu paso polo punto quilométrico 1,5, na parroquia de Cruces, no concello de Padrón. No sinistro víronse implicados dous turismos e un dos condutores quedou atrapado no interior do seu vehículo.

O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular e, de inmediato, mobilizou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro, o GES de Padrón e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Foron os Bombeiros os encargados de excarcerar ao ocupante ferido, que recibiu asistencia sanitaria no lugar do accidente antes de ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A intervención rápida dos servizos de emerxencia permitiu controlar a situación e restablecer a seguridade na vía.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *