Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today18 septiembre, 2025
Un home duns 70 anos resultou ferido esta tarde logo de ser atropelado por un vehículo mentres cruzaba un paso de peóns na rúa de San Lázaro, en Santiago de Compostela. O suceso tivo lugar pouco antes das oito da tarde, á altura da Bodeguilla do barrio e do Museo Pedagóxico de Galicia.
Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e unha ambulancia do 061, que trasladou á vítima, consciente, ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Polo momento descoñécese a gravidade das lesións.
A Policía Local abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias nas que se produciu o atropelo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)