Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today25 septiembre, 2025
Un lume declarado arredor das catro da madrugada deste xoves arrasou por completo un alpendre situado en Fondevila, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques.
No interior da construción gardábanse dous turismos, diversa maquinaria agrícola, leña e outros materiais, que quedaron calcinados. Afortunadamente, non se produciron danos persoais.
Nada máis recibir o aviso, o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Arzúa e á Garda Civil. Pouco antes das cinco da mañá, os efectivos de extinción daban por controlado o incendio, confirmando que a edificación resultara totalmente destruída.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)