AD

Comarca

Un monólogo de Leti da Taberna arrinca o “Outono a escena” de Arzúa

today6 noviembre, 2024

Background
share close
AD

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a primeira actuación do mes de novembro incluída na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

O certame ofrece este venres, 8 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co monólogo cómico Enredada de Leti da Taberna. Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredada enche o escenario de luz e enerxía, provocando que o público se vexa identificado coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesmo.

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, é taberneira de nacemento e sociosanitaria de formación. En maio de 2020 comezou a subir contidos a TikTok. A día de hoxe, acumula decenas de miles de seguidores nas redes sociais, converténdose nunha «taberneira virtual». Utiliza a retranca para realizar crítica social dende unha perspectiva feminista e en galego e conta con milleiros de seguidores en Instagram e Tiktok.

A función comezará ás 21:00h. e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade. A apertura de portas realizarase media hora antes do inicio. O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños a participar neste espectáculo que promete unha velada chea de humor e gargalladas”.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%