Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Un motorista resultou ferido de gravidade nun accidente que tivo lugar na tarde deste martes na avenida de Ferrol, en Santiago. O accidentado, cuxo vehículo foi alcanzado por un coche, foi trasladado de urxencia nunha ambulancia ao Hospital Clínico.
O sinistro tivo lugar á altura do número 7 da avenida de Ferrol ás 18.50 horas. O condutor dunha moto de gran cilindrada que circulaba dende a avenida de Romero Donallo cara ao barrio de Conxo foi alcanzado por un automóbil e caeu ao chan. Tras recibir as primeiras atencións de persoas que se atopaban preto do lugar, o ferido foi asistido por persoal de emerxencias sanitarias e pola Policía Local.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)