Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Malia os esforzos por reanimalo, nada puideron facer por salvarlle a vida.
O 112 Galicia tivo constancia deste suceso pouco antes das 20:45 horas, cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 explicou que unha furgoneta e unha moto acababan de colidir na estrada que conecta Visantoña coas Travesas. Naquel momento, o motorista permanecía tendido no chan.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción dos Bombeiros de Ordes, do GES de Curtis e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os servizos sanitarios mobilizaron ao seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero só puideron confirmar o falecemento do implicado.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)