AD

Actualidad

Unha operaria ferida grave ao quedarlle atrapada a man nunha máquina en Boiro

today27 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Unha operaria resultou ferida este mediodía ao quedarlle atrapada a man nunha máquina dunha fábrica de complementos alimenticios situada no parque empresarial da Espiñeira, no concello coruñés de Boiro.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse pouco antes das 14:45 horas, cando un particular solicitou asistencia sanitaria urxente para a traballadora accidentada.

Ao lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Boiro, o Servizo Municipal de Protección Civil e axentes da Garda Civil.

Cando chegaron os servizos de emerxencia, a operaria xa fora liberada por un compañeiro, pero presentaba unha lesión grave nunha man, polo que foi trasladada de inmediato ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a bordo do helicóptero.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *