Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 octubre, 2025
Redacción, 5 de outubro de 2025.- Santiago de Compostela converteuse hoxe no epicentro da solidariedade con Palestina. Segundo a Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina, arredor de 80.000 persoas, segundo a organización e 15.000 segundo datos da policía local, participaron na multitudinaria manifestación que percorreu as rúas da capital galega, con saída da Alameda, para denunciar o xenocidio e a ocupación do Estado de Israel contra o pobo palestino e reclamar o cese inmediato da violencia en Gaza.
A mobilización, cualificada pola organización como unha das máis masivas celebradas en Galicia nos últimos anos, reuniu a colectivos sociais, sindicatos, organizacións estudantís e milleiros de cidadáns anónimos que, con bandeiras palestinas e pancartas, reclamaron “xustiza, paz e liberdade para Palestina”.
Durante o acto, os portavoces da Coordenadora insistiron en que a comunidade internacional non pode permanecer allea diante das violacións de dereitos humanos que está a sufrir a poboación civil palestina e esixiron que se poña fin ás relacións diplomáticas e comerciais co Estado de Israel mentres continúe a ofensiva.
A marcha percorreu as principais rúas compostelás nun ambiente de firmeza reivindicativa e tamén de emotividade, con constantes mostras de solidariedade cara ás vítimas en Gaza.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)