AD

Comarca

Val do Dubra contrata obras por máis de medio millón de euros

today2 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Val do Dubra remata de contratar un paquete de obras que supoñen un investimento total de 574.675,87 euros e que se executarán ao longo das próximas semanas. Trátase de actuacións moi diversas, tanto en mellora viaria como en abastecemento e servizos, co obxectivo de mellorar as infraestruturas municipais e a calidade de vida da veciñanza.

As principais actuacións son as seguintes:

● Reforzo do firme no viario de Erviñou a Abelenda – 124.420 €

● Mellora acceso ao CEIP de Portomouro e senda na rúa Freán – 51.576,56 €

● Mellora viario Portomedal e outros – 108.420,01 €

● Mellora viaria de Pedragosa a Barral por Algalia e outro – 121.483,38 €

● Ampliación do abastecemento a Gontar – 56.890,11 €

● Mellora do aparcadoiro en Bembibre – 36.395,95 €

● Abastecemento en Buiro – 41.739,86 €

● Obra no paso en A Tilleira – 17.750 €

● Mellora viaria en Arnexo e outros – 16.000 €

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, salientou a capacidade de xestión da administración, que está a licitar obras a un bo ritmo; xa está licitada a totalidade das actuacións incluídas no Plan de Obras 2024 e a piques de iniciar a tramitación das correspondentes a este exercicio. Indica ademais que estas intervencións “darán resposta a necesidades demandadas pola veciñanza nas distintas parroquias e permitirán mellorar a rede de infraestruturas locais, tanto no ámbito das comunicacións como no do abastecemento”.

Pola súa parte o o tenente de alcalde e responsable da área de Obras, Antonio. Negreira, indicou que se trata do maior investimento realizado en infraestruturas municipais nos últimos anos. “É unha clara aposta polo rural, xa que estas actuacións van permitir mellorar de maneira considerable o acceso aos núcleos rurais do Concello. Ademais, contribuirán a incrementar a calidade de vida da veciñanza e a facer das nosas aldeas un lugar máis atractivo, tanto para captar nova poboación como para animar aos actuais propietarios de vivendas a acometer obras de mellora e rehabilitación, cada vez máis demandadas na actualidade”, sinalou.

O Concello prevé que as obras dean comezo de xeito inmediato e estarán coordinadas para minimizar as molestias ao tráfico e aos residentes durante a súa execución.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *