AD

Comarca

Val do Dubra reitera ante a Xunta a súa oposición ao vertedoiro de Niveiro

today24 febrero, 2025

Fondo
share close
AD

 

O pasado venres 21 de febreiro, o Concello de Val do Dubra presentou formalmente o seu rexeitamento ao proxecto de rehabilitación, peche e abandono da canteira de Niveiro, promovido por Francisco Gómez y Cia, S.L.

A decisión fundaméntase nos anteriores informes municipais e o elaborado pola empresa especializada TYSGAL, que poñen de manifesto diversas deficiencias na documentación presentada e a incompatibilidade do proxecto cos valores ambientais, paisaxísticos e socioeconómicos da zona.

Un dos puntos máis preocupantes é a proposta de construción dun vertedoiro de residuos non perigosos, que xeraría un impacto negativo significativo no territorio por diferentes motivos que se detallan de xeito individual.

Ademais, evidénciase a ausencia de licenza social para a súa execución, o que reflicte o rexeitamento da veciñanza a esta actuación.

Por este motivo, o Concello de Val do Dubra solicita a Minas que o proxecto non sexa autorizado e insta á promotora a presentar unha nova proposta que priorice a restauración ambiental do espazo degradado, garantindo a protección do entorno e o benestar da comunidade.

Así mesmo, foron rexistradas e presentadas na Xunta preto de 2.500 alegacións en colaboración coa Asociación Medioambiental de Niveiro, das cales 421 foron a través do Concello de Val do Dubra.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *