AD

Comarca

Vandalizan en Arzúa a estatua do alcalde fusilado Juan Manuel Vidal García

today26 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 26 de outubro de 2025. A estatua dedicada a Juan Manuel Vidal García, alcalde de Arzúa fusilado polo fascismo no ano 1936, apareceu esta mañá con pintadas na Praza de Galicia. A figura foi atacada cunha lenda que dicía: “Gobierno de rojos, época de piojos”, un feito que xerou unha forte condena por parte do Goberno municipal.

Nun comunicado oficial, o Concello de Arzúa, gobernado por BNG, Alternativa Arzuá e PSOE, manifestou o seu rexeitamento absoluto e a súa profunda preocupación ante o ocorrido, cualificando o suceso como “un ataque fascista en toda regra, unha agresión contra o noso patrimonio colectivo e contra a memoria democrática”.

O executivo local lembrou que a figura de Juan Vidal simboliza “o compromiso coa liberdade e coa xustiza social” e expresou o seu apoio e solidariedade coa familia do exalcalde, así como coas de todas as persoas represaliadas pola ditadura franquista no municipio.

Desde o Goberno municipal subliñaron que “Arzúa non pode nin vai permanecer calada ante actos que pretenden sementar o odio e borrar a nosa historia”. O Concello anunciou que actuará de inmediato para restaurar a escultura e poñerá os feitos en coñecemento das autoridades competentes, co obxectivo de que se investigue o sucedido.

O comunicado remata reafirmando o compromiso do Goberno municipal coa memoria democrática, coa convivencia e cunha Galiza libre de intolerancia e de esquecemento.

O acto vandálico xerou malestar entre a veciñanza, que lamenta a falta de respecto por un símbolo que lembra un dos períodos máis duros da historia local e ás vítimas da represión franquista.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *