Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 noviembre, 2025
Varias persoas resultaron afectadas esta mañá debido a un escape de monóxido de carbono rexistrado nun establecemento situado na Avenida de la Habana, no concello coruñés de Melide.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 10:50 horas, a través do aviso do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba de dúas persoas inconscientes no soto do local por un posible escape de gas.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Arzúa, axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como efectivos de Protección Civil de Melide.
Minutos despois, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Finalmente, unha das persoas afectadas foi evacuada a bordo da aeronave ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, mentres que a outra foi trasladada en ambulancia.
Ademais, varias persoas, entre elas membros dos servizos de emerxencias que participaron no operativo, tiveron que ser atendidas no Punto de Atención Continuada de Melide tras intentar auxiliar ás vítimas no interior do soto.
Segundo as primeiras hipóteses, o escape de monóxido de carbono podería ter a súa orixe nun xerador situado no soto do establecemento.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)