Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Dende este mes de outubro o Concello de Vedra ten asinado un pacto de amizade co municipio de Bolyarovo (Bulgaria), participante do proxecto europeo 𝐰𝐢𝐧𝐄𝐔.𝐫𝐮𝐫 que municipio vedrés ven de liderar.
Carlos Martinez Carrillo asinou este compromiso co alcalde búlgaro Hristo Hristov coa convicción de colaborar no futuro en acción beneficiosas para ambos territorios en aspectos común. Algo que no futuro se extenderá ao país veciño de Portugal, a través do Concello de Lousada.
Esta é unha nova acción resultado do traballo vedrés por e para continuar poñendo a Vedra no mapa europeo como exemplo de pequena poboación rural emprendedora e seguir aprendendo doutras comunidades rurais con problemas e circunstancias similares.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)