Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 septiembre, 2025
O líder do Partido Popular, Borja Verea, salientou hoxe que “o cóctel de PSOE e BNG é letal para Santiago”, tras o anuncio de Ryanair de pechar a súa base en Compostela. E é que “a nefasta xestión do PSOE desde AENA e as políticas turismofóbicas do BNG desde Raxoi estanse cargando o Aeroporto de Lavacolla”.
Verea lamentou así que “o Goberno central do PSOE non amosase vontade nin capacidade para sentar con Ryanair e buscar alternativas que garantisen a continuidade da base”. “Estamos por tanto ante outro exemplo -continuou- do maltrato do PSOE de Pedro Sánchez a Santiago e a Galicia. Un maltrato do que é cómplice o seu socio aquí en Santiago, o BNG”.
Neste senso o líder popular manifestou que “no goberno de BNG e CA teñen que estar encantados porque se está cumprindo ao pé da letra a súa folla de ruta turismofóbica; unha cidade máis pequena, máis illada e máis pechada”; “nós – insistiu- defendemos todo o contrario, un cambio total nas políticas para devolver a Santiago o seu carácter universal, aberto e cosmopolita».
O popular incidiu tamén na perda de postos de traballo que supón esta decisión, «para os que din que a industria turística non xera emprego, que llo vaian explicar ás 120 familias que van perder o seu traballo un día antes do comezo dos colexios dos seus fillos”. “O goberno de Pedro Sánchez non se implicou en defender uns empregos e unha infraestrutura estratéxica para Galicia, demostrando a súa falla de estratexia e de visión de futuro por parte de AENA”, engadiu.
Finalmente, Verea reiterou o compromiso do PP de Santiago coa defensa do emprego, da conectividade e da vocación internacional da capital galega: “Santiago non pode resignarse a perder o seu obxectivo que é transformar o Aeroporto de Lavacolla no aeroporto internacional referente do noroeste peninsular, e moito menos por culpa de decisións políticas equivocadas”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)