Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 noviembre, 2023
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, pediu hoxe ao goberno do BNG que retire a Instrución contra a hostalería porque “os nosos restaurantes, cafetería e locais son a esencia de Compostela, o goberno do BNG non pode crear un clima de hostilidade e desconfianza contra un dos piares da nosa cidade”.
Nese senso o popular insistiu en que os nacionalistas están poñendo na diana a todos os restaurantes, bares e cafeterías como presuntos delincuentes que requiren unha vixiancia especial, e calificou de “erro político” unha decisión que “converte aos centos de locais de hostalería de Compostela nos malos alumnos que teñen que estar baixo unha disciplina especial”
E é que, “esta Instrución vai xerar o efecto contrario do que pretende”, sinalou Verea, quen advertiu tamén que “non vai aclarar nada e vai xerar un caos e unha inseguridade nos centos de pequenos negocios de Compostela”, porque “a norma está chea de xeralidades que vai a supoñer que se pechen uns locais si e outros non, tan só por decisións políticias”
O líder popular amosou a súa preocupación ademais pola gravidade que supón esta decisión, e é que “con esta norma contra a hostelería o goberno nacionalista será o que decida que locais pecha e cales non”. Desta maneira, salientou, “saltan polos aires os principios de igualidade e legalidade e deixa nas mans dos políticos nacionalistas cando queren pechar un local, ou cando e qué obras lles obriga a facer”.
Por todo iso, concluíu Verea, “o goberno do BNG equivócase, a hostelería compostelá non é inimiga de ninguén, a hostalaría é e debe ser unha aliada fundamental para deseñar o futuro de Compostela”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)