Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 junio, 2025
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, acusou este martes ao tripartito de BNG, Compostela Aberta e Partido Socialista de provocar unha década de paralización na xestión do transporte urbano, “dez anos de desculpas, dez anos de incompetencia, mentres os santiagueses sufrimos os peores autobuses de España».
Durante o Pleno municipal, Verea sinalou directamente ao concelleiro Xan Duro, lembrando que foi responsable do contrato entre 2015 e 2019 e que, dende o seu regreso ao goberno, leva dous anos sen avances, “no peor dos casos, 10 anos; no mellor dos casos, 6 anos sendo o responsable político directo dos autobuses desta cidade».
O popular reprochoulle a Duro que dixese que «empezamos de 0″ despois de tanto tempo, “gran parte do soldo que lle pagaron os santiagueses durante estes 6 anos era para que trouxese a esta cidade autobuses novos, e non o fixo. O único que fixo onte foi un borrón e conta nova».
«Dígollo con total sinceridade e co aprecio persoal que lle teño, loxicamente non político: vostede onte tiña que terlle pedido desculpas aos santiagueses, asumir a culpa por estes 6 anos de retraso e marchar para a casa. Recoñecer que o cargo lle quedou grande, que non ten a pericia, o coñecemento ou as ganas, o que sexa, pero que se equivocou durante estes 6 anos e ten que marcharse», sinalou Verea.
Engadiu ademais que «a dignidade política só tiña onte como único camiño a porta de saída, unha dimisión honrosa que non o fixo, e eu síntoo por vostede».
NIN OS SEUS SOCIOS APOIAN AS SÚAS TRAPALLADAS
Noutra parte da súa intervención, Verea acusou directamente a Sanmartín da situación creada tras o anuncio do concelleiro non adscrito Gonzalo Muiños de non apoiar un “pago irregular de 500.000 euros para o aluguer de autobuses” que o goberno local trouxo hoxe ao Pleno: «Isto como xa dixen noutras ocasións, non é un goberno, aquí non hai gobernabilidade, isto é un circo que dirixe vostede e que nin sequera os seus socios de goberno son quen de aprobarlle as súas propias trapalladas».
Nese senso o líder popular concluíu que “non conten con nós para limpar este auténtico desgoberno. Poña orde no seu pacto de gobernabilidade e poña a cidade a funcionar».
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)