Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 diciembre, 2023
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclámalle ao Goberno do BNG que poña en marcha, coa maior urxencia posible, a Estratexia fronte á soidade non desexada, cun teléfono de atención ao maior, habilitando unha central de chamadas para persoas en soidade non desexada, que actuará como filtro e vía de canalización desta realidade. Serviría tamén para buscar solucións a través dos servizos sociais para prevela e paliala.
Verea subliña que foi o Partido Popular o pioneiro en traballar e atopar medidas neste eido, incitando tamén a potenciación dun programa de voluntariado sénior e voluntarios e voluntarias de acompañamento a persoas maiores. Todas estas iniciativas que xa se incluían no Programa electoral.
O popular insiste en que “o Goberno nacionalista debe dar resposta as problemáticas acaecidas polo progresivo envellecemento da poboación do noso Concello, debe prestar apoio as persoas maiores e asegurar a súa calidade de vida e participación social”.
Reclama tamén ao Goberno do BNG a elaboración dun censo de persoas maiores que viven soas, co fin de que conten cunha atención e uns recursos acordes a súa especial vulnerabilidade e evitar así posibles situacións de risco.
“É fundamental contar con esta relación que, respectando a normativa de protección de datos, recolla a información máis relevantes das persoas maiores que viven soas, para poder dispor de datos detallados sobre a situación destas persoas, co propósito de facilitarlles asesoramento sobre os distintos recursos asistenciais, comunitarios e de saúde, entre outros, garantindo unha mellora da súa calidade de vida, que evite posibles situacións de risco e promova a súa participación social”, explicou.
Para o popular, as institucións teñen a obrigación de velar polos máis desfavorecidos, para evitar que queden en desamparo e, para elo, o Goberno local, ten un amplo abano de recursos para as persoas maiores, “unhas medidas que ignora o Goberno do BNG, mentres si atenden, con grandes recursos, os intereses da súa ‘parroquia’”, subliñou.
Ignorar a realidade
Verea considera que o Goberno do BNG non pode seguir dando as costas a unha realidade que xa ignoraron os anteriores gobernos de esquerdas da capital de Galicia, xa que a poboación maior e os fogares unipersoais, non deixan de aumentar.
Segundo os últimos datos publicados polo IGE, no termo municipal de Santiago viven 22.837 persoas con idade de 64 o máis anos, o que supón máis do 23 % da totalidade de poboación do noso Concello.
“Neste contexto, a ferramenta que propoñemos, novamente, pode actuar como un instrumento de prevención e atención, que permitirá coñecer se a súa soidade é voluntaria ou, pola contra, é non desexada; e se estas persoas contan cunha rede de apoio familiar ou social”, subliñou.
Borja Verea reiterou, “este censo pode ser unha ferramenta de apoio para atallar un fenómeno, cada vez máis destacado como son as mortes en soidade, polo que grazas ao censo pódese evitar que o falecemento destas persoas pase inadvertido durante días ou incluso semanas, como ocorreu recentemente en Santiago, onde morreu unha muller de 93 anos que vivía soa e transcorreron días ata que os veciños deron a voz de alerta”.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)