AD

Actualidad

Verea reclama activar a videovixilancia para frear a ola de roubos en Santiago

today4 julio, 2024

Background
share close
AD
  • O líder popular salientou, é que “a cidade é moito máis insegura desde que chegaron ao goberno CA, PSOE e agora BNG”, medrando a criminalidade dunha maneira descontrolada no último ano.
  • Verea destacou que a reiteración de roubos que teñen sufrido farmacias, ópticas, e comerciantes de Santiago nos últimos días “son suficientemente alarmantes como para que o goberno local se tome en serio o problema e arbitre medidas de xeito inmediato”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, esixiu hoxe responsabilidades ao goberno do BNG ante o aumento de roubos sen que desde o concello se tome ningún tipo de medida. O certo, salientou, é que “a cidade é moito máis insegura desde que chegaron ao goberno CA, PSOE e agora BNG”, medrando a criminalidade dunha maneira descontrolada no último ano.

Os datos son teimudos, os delitos por tráfico de drogas medraron desde o 2019 nun 500%, os roubos con forza en establecementos subiron un 71% respecto ao ano pasado (o maior incremento da serie histórica), temos a maior incremento da provincia, temos unhas ratios de delincuencia por cada mil habitantes (48/mil hab.) que duplican a dos Concellos limítrofes E con estes datos, cuestionou Verea, en lugar de afrontar o problema, o BNG mira cara a outro lado, ponse de perfil.

Para o popular, xa “é hora de que o BNG e CA se poñan a traballar do lado dos veciños e comerciantes, que están a padecer un incremento da criminalidade como nunca antes tivera sufrido Santiago”. Nese senso, sinalou, “o goberno nacionalista non pode seguir negando a evidencia e resistíndose a implementar as medidas que desde o Partido Popular puxemos enriba da mesa hai meses xa: incremento de efectivos de policía, melloras na iluminación da cidade e posta a gravar das cámaras de videovixiancia”. Pero “por qué desde o BNG rexeitan poñer en marcha as nosas propostas que sen dúbida mellorarán a seguridade dos nosos veciños e veciñas?”, preguntouse Verea.

Remarcou ademais que os nacionalistas non dan unha razón convincente de porque non queren que se empreguen as cámaras e, a tenor do que están facendo, a veciñanza debe saber que, para o BNG, a inversión en seguridade non é economicamente rendible, pero para os nacionalistas si é imprescindible ter varios multamóbiles circulando pola cidade, recollendo imaxes para multar e sancionado a miles de automobilistas”. Así, “queda claro que para o BNG, PSOE e CA a seguridade non é unha prioridade”, afirmou Verea.

“Así, desde o Partido Popular de Santiago, esiximos ao BNG a que cambie, actualice, configure e adapte as cámaras de videovixilancia, co fin de que graven imaxes, sempre ao servizo dos Órganos xudiciais e policía, é dicir, traballar ao servizo dos veciños e da súa seguridade”, remarcou.

Verea destacou,  tras visitar os últimos establecementos afectados por esta ola de delincuencia, que a reiteración de roubos que teñen sufrido farmacias, ópticas, e comerciantes de Santiago nos últimos días “son suficientemente alarmantes como para que o goberno local se tome en serio o problema e arbitre medidas de xeito inmediato”.

 

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%