Listeners:
Top listeners:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today28 octubre, 2025
• “Preguntámonos -dixo o popular- que máis ten que pasar?, non lles parece suficiente ter un parque de bombeiros practicamente sen actividade e cun concelleiro responsable que é incapaz de atopar unha solución ante unha situación extremadamente grave?”.
• “Repetimos: que máis ten que pasar?, cunha alcaldesa que é unha neglixente e cun goberno de BNG e CA que non está capacitado nin para dirixir unha comunidade de veciños?, son un auténtico perigo público e o mellor que poden facer, porque lle están facendo moito dano a esta cidade, é pedir perdón e marcharse a súa casa”.
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou hoxe “a irresponsabilidade do goberno do BNG e CA por ter o parque de bombeiros de Santiago pechado este luns, por primeira vez dende a súa creación en 1921, e un só policía patrullando e, a maiores, ter a pouca vergoña de sinalar como culpables e poñer na diana a nuns profesionais, como son os bombeiros e a policía local, que non cobran as súas nóminas completas, xa que dende hai case un ano teñen as horas extras sen pagar”.
“Preguntámonos -dixo Verea- que máis ten que pasar?, non lles parece suficiente ter un parque de bombeiros practicamente sen actividade e cun concelleiro responsable que é incapaz de atopar unha solución ante unha situación extremadamente grave?”.
O líder popular subliñou que “estamos ante unha alcaldesa neglixente, porque a súa indolencia está a por en risco a vida dos profesionais, dos bombeiros, dos cidadáns e da veciñanza, ademais deixou á cidade sen policía local de patrulla, so hai un policía na rúa”
“Repetimos: que máis ten que pasar?, cunha alcaldesa que é unha neglixente e cun goberno de BNG e CA que non está capacitado nin para dirixir unha comunidade de veciños?, son un auténtico perigo público e o mellor que poden facer, porque lle están facendo moito dano a esta cidade, é pedir perdón e marcharse a súa casa”.
Escrito por Líder Redacción
bombeiros denuncia Policia local politica pp Santiago de Compostela seguridade


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)