Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today20 mayo, 2024
Ames, 20 de maio de 2024.- O Concello de Ames mantén o normal funcionamento dos servizos de conciliación baixo supervisión da Consellería de Sanidade. Así se acordou na reunión que tivo lugar o día de hoxe ás 11.00 da mañá. Esta aconteceu despois da revisión dos protocolos de actuación nas instalacións nas que se presta o servizo de conciliación (comedores do CEIP Agro do Muíño e CEP Ventín e cociñas do CEIP Agro do Muíño).
Nesta xuntanza participou por parte do Concello de Ames o alcalde, Blas García, a concelleira de Educación, Carmen Porto, a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, servizos técnicos municipais e as coordinaras do servizo de conciliación do CEP Ventín e do CEIP Agro do Muiño. Por parte da Consellería de Sanidade acudiron o xefe de servizo de Seguridade Alimentaria e a subdirectora de Sanidade Ambiental, que incidiron na necesidade de extremar as medidas de hixiene, tanto nas instalacións do centro como nos domicilios particulares. Por outra banda anunciaron que os análises realizadas aos coprocultivos e ás probas testemuña dos alimentos servidos na pasada semana estarán dispoñibles nos vindeiros días.
O alcalde, Blas García, agradeceu a implicación da Consellería de Sanidade, especialmente do conselleiro, que se puxo á disposición Concello de Ames “dende o primeiro momento”. Por outra banda o rexedor tamén destacou a importancia dos protocolos existentes nos comedores de Ames e a profesionalidade dos traballadores e traballadoras dos comedores, que fan posible prestar un servizo de calidade a 1.500 usuarios e usuarias: “Estamos moi orgullosos do noso persoal, da súa profesionalidade e do servizo que prestamos”.
García non quixo rematar sen agradecerlle a súa colaboración ás ANPAs, direccións dos centros e a toda a comunidade educativa xeral, cos que dende o Concello se mantivo en permanente contacto para informalos no menor tempo posible de todo o que estaba a acontecer. “A nosa prioridade foi a de comunicar no menor espazo de tempo posible e da forma máis transparente calquera novidade sobre o desenrolo deste gromo”.
Escrito por Líder Redacción
ames educacion gastroenterite gromo radio lider santiago sanidade
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)