Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 mayo, 2024
Destaca a transformación e o dinamismo da cidade un ano despois de que o BNG fixese historia coa primeira rexedora na capital de Galiza
Sobre a sentenza do TC: “Anula unha barbaridade do Goberno de Rueda que o único que facía era desprotexer a nosa costa”
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro 2024.- A portavoz nacional, Ana Pontón, acudiu á Alameda compostelá para celebrar as festas da Ascensión, acompañada da alcaldesa, Goretti Sanmartín, de responsables do goberno municipal e do BNG local.
“Quero empezar por felicitar a toda a veciñanza de Santiago, que desfrute das festas da ascensión, posiblemente as máis sentidas polos picheleiros e picheleiras de todos os barrios da cidade. Para min son as que máis desfrutei sempre en Compostela, primeiro como estudante e agora como unha veciña máis”, salientou.
Pontón confesou que estar nesta ocasión era “especialmente emocionante” porque no último ano houbo un cambio histórico na cidade. “Fai un ano estaba exactamente nesta mesma Alameda para desfrutar das festas acompañada de Goretti Sanmartín. Aquel día Goretti era a candidata á Alcaldía de Santiago e hoxe é a alcaldesa da capital do País, e xa puxo en marcha un cambio que está transformando en positivo a cidade de Santiago, así que é un dobre motivo de celebración”, destacou.
A líder do Bloque compartiu coa alcaldesa, membros do goberno municipal, responsables locais, militancia e simpatizantes mesa na carballeria de Santa Susana para degustar o tradicional tapeo e convidou a toda a veciñanza e persoas que estes días visitan Compostela a desfrutar da ampla e extraordinaria programación das festas da Ascensión.
Preguntada polos medios, Pontón valorou a sentenza do Tribunal Constitucional que supón un forte revés para o Goberno de Rueda. “Levamos moitos aos criticando o uso ilícito que fai o PP da Lei de acompañamento dos orzamentos colando pola porta de atrás barbaridades como a pretensión de legalizar instalacións ilegais e xa denunciamos no seu momento que esa disposición imposta polo Partido Popular no Parlamento era unha barbaridade”.
“O que ten que facer o Executivo de Rueda é protexer o noso litoral non a quen está infrinxindo a legalidade e estamos ante un duro golpe do Constitucional á Xunta de Galiza”, recalcou, “no BNG defendemos ter todas as competencias para a xestión do noso litoral pero non para defender edificacións ilegais senón para protexer mellor a costa galega e esta sentenza deixa en evidencia que o goberno do PP camiña na dirección contraria”.
Tamén interpelada polos medios, Pontón reivindicou o corredor atlántico de mercadorías porque é importante para Galiza e fixo igualmente referencia á conexión con alta velocidade con Portugal. “O PP de Madrid está presionando para que se priorice o AVE coa capital do Estado en detrimento da conexión Vigo-Porto, clave para Galiza. O BNG vai esixir que se cumpra o acordo de investidura para que se priorice a conexión entre Galiza e o país veciño, “e se pretenden poñer por diante as conexións coa Meseta en detrimento de Galiza van ter ao BNG en fronte”, advertiu.
Escrito por Líder Redacción
ascencion bng compostela festas da ascension radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)