AD

Actualidad

VIDEO | Trasmonte acolle esta fin de semana a V Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”

today14 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

Xa está todo preparado para que a parroquia de Trasmonte acolla esta fin de semana a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. A pesar de que a previsión meteorolóxica apunta choiva, haberá carpa co cal non hai escusa para non acudir a dito evento

A feira desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.00 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.00 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece

Reportaxe da edición do ano pasado:

Ames, 13 de novembro de 2025.- O Concello de Ames vai celebrar os días 15 e 16 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte, a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Neste edición contarase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Contarase con servizo de polbería para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica). Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

Xa está todo preparado para que a parroquia de Trasmonte acolla esta fin de semana a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”. A pesar de que a previsión meteorolóxica apunta choiva, haberá carpa co cal non hai escusa para non acudir a dito evento. A feira desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.00 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.00 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece.

Nesta edición cóntase con 22 expositores confirmados que ofrecerán produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión.

Os expositores que participan este ano na Feira do Monte son Aceites Embruxo; Amarelante Sociedade Cooperativa Galega; Apicultura Val do Dubra; Asociación Galega de Apicultura; Barbudos cooperativa licoreira; Cabanas Rural Asociación de Mulleres; Casa Curtis; Carlota Fraga Libreira; e Casperlota Atelier; CienPorCel; Cova de Abella; D Rositas; José Manuel Prado; Más Cera; O mel de Inés; Origen; Queixería Gaia Gourmet; Recuncho Artesán; Taller de arte Comeluz; Teo Berries; Toxogel; e Xosé Tuñas Percusión.

Tamén haberá actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións permanentes, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poderán deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, haberá unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Contarase con servizo de polbería de Juan Guerra para comer (racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica).

Exposicións permanentes e obradoiros

Por outra banda, haberá catro exposicións permanentes: do proceso de fiado de la de ovella galega, da Asociación Cabanas Rural; do torneiro José Manuel Prado; sobre a fabricación e reparación artesanal de instrumentos musicais con Xosé Tuñas Percusión; e de cestos feitos de medula, a cargo de Recuncho artesán Lourdes Suárez.

Tamén haberá tres obradoiros. O sábado 15 de novembro Luis do Río impartirá dous obradoiros: pola mañá de 12.30 a 13.30 horas ofrecerá un taller de cestería de láminas, mentres que pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, dirixirá o obradoiro Gaitas con herbas. O domingo 16, de 12.00 a 13.30 horas, impartirase o obradoiro de estampado con tintas naturais a cargo de Amoroteu.

Música e degustacións

O evento contará con diversas degustacións gastronómicas ofrecidas polo Concello de Ames, O sábado 15, de 12.30 a 13.30 horas, poderanse degustar as pizzas do monte de Sicilia in Boca. De 13.30 a 14.30 horas Discarlux ofrecerá hamburguesas de vaca de cría extensiva. O sábado pola tarde, de 18.30 a 19.30 horas, haberá outra degustación, neste caso será de xabarín con castañas a cargo do restaurante Onde Keiras. Ao longo da xornada do sábado tamén haberá degustación de castañas, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O domingo 16 haberá outras dúas degustacións: de doces do monte, a cargo de repostería Dolce e Bambini, de 12.00 a 13.00 horas; e de chicharróns de porco celta de Cienporcel, de 13.30 a 14.30 horas.

Ao igual que en edicións anteriores, este ano tamén se contará con música tradicional para amenizar as xornadas da feira. O sábado 15 haberá dúas actuacións: primeiro será a quenda do grupo As Pandereteiras da Costaneira, que actuará de 13:00 a 14:00 horas, e pola tarde A Requinta da Maía actuará de 18.30 a 19.30 horas. O domingo 16 será a quenda da agrupación Airiños do Paseo de Colón, que ofrecerá un pase musical de 12:30 a 14:30 horas.

Ás voltas cos cogomelos

Dentro da feira do monte tamén se inclúe unha saída para recoller cogomelos en Trasmonte que se vai a levar a cabo o sábado 15 de novembro. Para participar nesta actividade haberá servizo de autobús, con saída ás 11.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 11.15 horas desde o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O autobús volverá ás 14.30 con parada en Bertamiráns e no Milladoiro. Pola tarde, de 16.00 a 18.30 horas, farase a identificación e exposición de cogomelos a cargo de persoal da asociación Brincabois.

Aproveitando a celebración deste evento, o domingo 16, ás 12.00 horas, no campo da festa de Trasmonte, farase a entrega de premios do V concurso de fotografía Enfoca Ames 2025.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *