AD

Comarca

Vila de Cruces convoca o concurso de carteis do XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia

today8 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • Entregaranse premios ás tres categorías –de ata 16 anos, de 17 a 64 anos e a partir de 65 anos– valorados en 300 euros
  • O prazo de presentación dos deseños estará aberto ata o 21 de abril no consistorio

Vila de Cruces, 8 de abril de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O Concello de Vila de Cruces convoca o concurso de carteis para o XXXII Festival de Bandas de Música de Galicia, enmarcado nos actos da Festa do Galo de Curral deste ano. Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello.

O concurso establece tres categorías: ata 16 anos, de entre 17 e 64 anos e a partir de 65 anos. O Concello repartirá en total 300 euros en premios, a razón de 75 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e outros 75 euros para o deseño gañador que será a imaxe do festival (premio acumulativo) e que se escollerá entre os tres gañadores.

Os participantes deberán entregar o seu traballo en formato A3 vertical e con técnica libre antes do 21 de abril no Concello.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *