AD

Actualidad

Vila de Cruces inicia o proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar por 4,5M€

today13 mayo, 2024

Fondo
share close
AD

O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o 3 de xuño

O Concello aportará máis de 300.000 euros de fondos propios, asumindo un gasto 27 veces superior ao de 2018, “un extraordinario esforzo económico dirixido a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores e dependentes”

Vila de Cruces, 13 de maio de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- O equipo de goberno do Concello de Vila de Cruces aprobou a apertura do proceso de licitación e adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) por un período inicial de tres anos, prorrogable por outros dous, e cun valor estimado de contrato de case 4 millóns e medio de euros.

Para a elaboración dos pregos necesarios, o Goberno municipal, liderado por Xuntos, tivo en conta a todas as partes implicadas, desde o persoal técnico, ata representantes sindicais e agrupacións políticas. O obxectivo do Goberno municipal, liderado polo alcalde Luis Taboada, é claro, “responder ás necesidades das persoas en situación de dependencia e das persoas profesionais que exercen os coidados”.

A aportación do Concello en 2016, cun goberno crucense do Partido Popular, foi de cero euros e no 2018 de 12.000 euros. Pola contra, o equipo de Xuntos destinará  ao Servizo de Axuda no Fogar máis de 300.000 euros de fondos propios, é dicir, asumirá un gasto 27 veces superior ao de 2018, o que supón “un extraordinario esforzo económico dirixido a un dos colectivos máis vulnerables, o das persoas maiores e dependentes”.

O Concello solicitoulle por escrito á Xunta de Galicia “unha maior colaboración no cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a contía atópase conxelada nos 12 euros”, pero aínda non obtivo resposta

A pesar de tratarse dunha competencia autonómica, o Goberno municipal pon de releve que sexa o Concello o que realiza o maior esforzo por manter e mellorar o SAF. Tamén destaca que a Xunta de Galicia tampouco ofrece un número de prazas suficientes nas residencias públicas para maiores acorde á demanda. É por isto que o goberno crucense solicitoulle por escrito a Xunta de Galicia “unha maior colaboración no cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar, xa que actualmente a contía atópase conxelada nos 12 euros”. Pasadas cinco semanas desde esta comunicación, o Concello aínda non obtivo resposta da Administración Autonómica. O rexedor, Luis Taboada, lamenta “a falta de apoio da Xunta de Galicia á hora de velar polo benestar dos nosos maiores, aos que tanto lles debemos.”

O prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas estará aberto ata o vindeiro 3 de xuño. O novo contrato supón un cuantioso incremento do prezo por hora deste servizo. En concreto, ascende a 23,31 euros para a modalidade Dependencia e a 24,65 euros para a modalidade Libre Concorrencia, roldando os 27 euros para as horas extraordinarias. “Estas cifras supoñen  un incremento de máis do 50% con respecto aos prezos anteriores” –explica o alcalde–.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%