AD

Actualidad

Volve a Festa do Viño da Ulla os días 13 e 14 de abril

today5 abril, 2024

Fondo
share close
AD

A comisión organizadora e o concello de Vedra deron conta das novidades desta XLII Festa do Viño da Ulla.

Ademais das actividades desa fin de semana a Festa leva aparelladas as Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño que se celebraran do 10 ao 12 de abril.

O sábado 13 contarán coa II ruta de coches antigos e o domingo 14 coa II ruta moteira ambas percorreran boa parte dos viñedos da Subzona Ribeira do Ulla. En ambos os dous casos visitarase unha adega e haberá unha cata degustación. As inscricións serán ao módico prezo de 5 euros persoa e as prazas son limitadas e a inscrición cerrarase o martes día 9 as 22,00 horas.

A Festa terá ademais actividades de éxito xa recoñecido en anteriores edicións, como a cata concurso que este ano vai pola sua VI edición , que se celebrará o sábado e entregará os premios o domingo.

A tarde do sábado 13 a partir das 18:00 h. abrirá as súas portas a mostra de viños na que participan 12 adegas.

Logo chegarán as actuacións de música tradicional, Charanga e a actuación do grupo de danza urbana mesturada con muiñeira Lil-Kids, gañadores do programa de Tv GOT TALENT 2023 .

Pola noite a partir das nove haberá sesión de DISCO-MOVIL e a partires das dez e media actuará a recoñecida orquestra PARIS DE NOIA, pa rematar a noite de novo con sesión con sesion de DISCO-MOVIL

O domingo terá lugar a entrega dos premios da VI Cata concurso e o tradicional nomeamento de novos membros da Orde dos Amigos/as do Viño da Ulla.

O pregón este ano correrá a cargo do presentador do programa da TVG “A Voltas co Prato”, Fran Cañotas.

Finalmente as actuacións ao longo de todo o día Charanga, Grupo O FIADEIRO e xa no serán tocaralles o turno a FESTICULTORES TROUPE, REBELDIA e pa rematar FAMILIA CAAMAGNO poñerán o broche a XLII Festa do Viño da Ulla.

Contarase tamén cun espazo gastronómico para degustar viño e tapas.

Xuntamos o programa completo da festa.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%