AD

Comarca

Volve o programa Trouleando cunha xornada de barranquismo para a mocidade amesá

today15 septiembre, 2025

Fondo
share close
AD
  • A Concellaría de Mocidade de Ames retoma as actividades do programa Trouleando, desta volta, cunha xornada de barranquismo no río Almofrei, en Cotobade, que se desenvolverá o vindeiro 4 de outubro
  • Nesta proposta que mestura deporte, diversión e aventura, e que consiste en descender a pé polo leito alto dun río, superando diferentes obstáculos, escalando, saltando pozas, nadando, etc., tamén lle permitirá aos participantes poder observar a paraxe natural e desconectar da rutina

Ames, 15 de setembro de 2025.- A Concellaría de Mocidade de Ames retoma as actividades do programa Trouleando, desta volta, cunha xornada de barranquismo no río Almofrei, en Cotobade. Así, a mocidade amesá poderá gozar dunha actividade na que se combina deporte, diversión e aventura. Realizarase o sábado 4 de outubro e, como vén sendo habitual, ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro 17 de setembro ata o día 21. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada.

Coa volta as clases e á rutina, tamén retoma a súa actividade o programa Trouleando. Deste xeito, a Concellaría de Mocidade organiza para o mes de outubro unha nova xornada de diversión para a mocidade amesá. Nesta ocasión, a proposta é unha xornada de barranquismo no río Almofrei, ao seu paso polo concello de Cotobade. O barranquismo ou descenso de canóns consiste en descender a pé polo leito alto dun río, superando diferentes obstáculos, escalando, saltando pozas, nadando, etc. Ademais de facer deporte dun xeito diferente, está actividade permítenos poder observar a paraxe natural e desconectar da rutina.

A actividade realizarase o sábado 4 de outubro. Como vén sendo habitual, haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 9.00 horas e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9.15 horas. O regreso aproximado está previsto para as 16.00h no Milladoiro e 16.15h en Bertamiráns.

Os mozos e mozas que participen na actividade deben levar bañador, toalla, camiseta térmica, zapatillas de deporte ou montaña que suxeiten ben o pé e que se poidan mollar e roupa e calzado de reposto para despois da actividade. Os participantes tamén deberán levar a súa propia comida. Ademais, contarase con todo o material de seguridade necesario para desenvolver correctamente a xornada de barranquismo.

Pode inscribirse a mocidade empadroada no concello de Ames, nada entre o 2012 e 1995 e que saiba nadar. O prazo de inscrición estará aberto entre o 17 de setembro e o día 21. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal.

Hai 50 prazas dispoñibles que se irán cubrindo por orde de chegada, mais será preciso contar cun mínimo de 25 mozos/as para desenvolver a actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Mocidade a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal ou chamar ao 616 08 32 29.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *