AD

Comarca

Xunta e Concello de Brión colaboran na mellora das infraestruturas educativas no municipio

today24 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O conselleiro de Educación recibe ao alcalde para avaliar futuras actuacións no colexio de Pedrouzos e no IES de Brión
  • Pablo Lago aproveitou o encontro para trasladarlle ao conselleiro as demandas da comunidade educativa brionesa sobre as necesidades de recursos humanos no CEIP

24 de outubro de 2024.- O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, acordan impulsar a mellora das infraestruturas educativas neste concello cunha serie de actuacións que se plasmarán a través dun acordo marco no que se recollerán as obrigas de cada unha das partes.

Así pois, na reunión de traballo mantida hoxe, o conselleiro e o alcalde acordaron que a Xunta asumirá a contratación dun proxecto de reforma sectorial do Colexio CEIP Plurilingüe de Pedrouzos en base ás necesidades trasladadas polo Concello. Así mesmo, a Xunta accederá á petición de cesión dunha parte da parcela do colexio para a construción dunha dársena de autobuses que mellore o servizo de transporte do alumnado.

No que atinxe ao Instituto IES de Brión, traballarase nun proxecto para a cubrición dos laterais do patio cuberto por parte do Concello mentres que a Xunta se compromete a facilitar o uso compartido de dito patio por parte da administración local fóra do horario lectivo.

O alcalde brionés valorou a boa recepción destas iniciativas por parte do conselleiro e aproveitou tamén a reunión para trasladarlle as demandas da comunidade educativa brionesa sobre as necesidades de recursos humanos no CEIP de Pedrouzos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *