AD

Actualidad

Xunta e USC promoven a participación no ‘Proxecto Nós’ cun crédito de libre configuración

today24 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • O alumnado que se inscriba na plataforma ‘Common Voice’ e sume 25 horas de gravación poderá obter un crédito
  • A iniciativa posta en marcha polo Goberno galego, en colaboración coa institución académica busca recoller as diferentes variedades fonéticas e dialectais de Galicia
  • Valentín García fai un chamamento para animar a toda a comunidade universitaria a colaborar con esta iniciativa e recompilar a maior cantidade de horas de gravado
  • Actualmente, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten en marcha unha segunda fase de captación que inclúe paradas na Feira Culturgal e en Baiona

O alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que participe no Proxecto Nós obterá un crédito de libre configuración pola súa colaboración. Así o anunciaron hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o reitor da institución académica, Antonio López, nunha rolda de prensa para presentar esta iniciativa.

Así, tal e como explicaron, o estudante que se inscriba na plataforma Common Voice e acade un mínimo de 25 horas de gravación poderá obter un crédito despois de acreditar a súa participación. Cómpre lembrar que Doa a túa voz é unha campaña posta en marcha polo Goberno galego en colaboración coa universidade compostelá para recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.

Neste senso, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude precisou que a finalidade é construír un rexistro “o máis variado posible que reflicta a realidade sociolingüística de Galicia”. Con este fin, fixo un chamamento para animar a toda a comunidade universitaria “a colaborar con esta iniciativa para recompilar a maior cantidade de horas de gravado e asegurar o mellor funcionamento desta tecnoloxía”.

“Queremos elaborar un repositorio o máis variado posible e por iso os créditos de libre configuración son un bo incentivo para que os estudantes se animen a formar parte do proxecto e que contemos cunha gran cantidade de xéneros, idades e variedades dialectais”, engadiu Valentín García.

En liña con este tema, salientou o compromiso do Goberno autonómico co impulso do uso e o prestixio do galego ao abeiro do Pacto pola lingua. “Nas últimas semanas vimos celebrando diferentes encontros con toda a sociedade para acadar un gran consenso social a prol da lingua”, afirmou antes de puntualizar que a Administración autonómica xa presentou novas medidas con este obxectivo de cara a 2025, como a creación dun voluntariado lingüístico, o lanzamento de máis de 100 cursos de cultura e lingua galegas para persoas nadas fóra da Comunidade ou a colaboración coa Consellería de Sanidade para ofrecer formación aos seus traballadores.

Campaña de recollida de voz

Actualmente, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, está a desenvolver a segunda fase da recollida de voz cun calendario que inclúe 16 concellos de Galicia e que prevé, para as próximas datas, a visita a localidade de Baiona ou á 17ª edición da Feira Culturgal, que se celebrará entre os días 29 de novembro e 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ademais, aqueles que queiran participar de xeito telemático tamén poden facelo a través do portal Doa a túa voz.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%