AD

Comarca

Ames organiza un curso de formación en igualdade para mocidade e familias

today18 noviembre, 2024

Background
share close
AD
  • Trátase dun curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina
  • Está dirixido a mozos/as, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc)

Ames, 18 de novembro de 2024.- O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Dentro da programación municipal dos actos en conmemoración do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o departamento de Xuventude ofrece esta formación específica para mozos/as, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre (monitores/as de actividades de tempo libre en centros escolares, coidadores/as, educadores/as, mestres/as, etc).

Este obradoiro participativo baséase na comunicación non violenta e a educación emocional. A súa aplicación permite desenvolver dinámicas de comunicación respectuosas e colaborativas, tanto no fogar como no ámbito educativo, promovendo espazos respectuosos para o desenvolvemento das nenas e nenos.

Cultivar un ambiente emocionalmente seguro e receptivo na contorna familiar e educativa

fortalece os lazos e promove o bo trato, elementos tamén esenciais para previr a violencia de xénero. A formación en Comunicación Non Violenta pode contribuír a achegar ás crianzas e adolescentes habilidades para a expresión emocional e a xestión positiva e non violenta do conflito, senón que tamén favorece a creación de relacións familiares baseadas na empatía e no respecto.

Esta formación achéganos a unha crianza respectuosa e con modelos igualitarios, polo que é de interese tanto para as familias, como para docentes, educadores/as, monitores/as, ou calquera persoa interesada en desenvolver ferramentas de comunicación asertiva, aprender a por límites dende a calma.

O obradoiro, de balde, desenvolverase o vindeiro 30 de novembro, entre as 11.00 as 13.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal entre o 20 e o 27 novembro. As prazas son limitadas ata completar aforo. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 722 349 483 ou enviar un correo electrónico ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Trátase dun proxecto, con xa seis anos de percorrido, formando a entidades, profesionais e persoas voluntarias do eido da educación non formal, que está subvencionado nun 70% pola Deputación da Coruña, cun importe de 29.989,05 euros, a través do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2024.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%