Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 marzo, 2026
A banda Zeltia Irevire lanza unha nova canción xunto cun videoclip filmado nas paraxes salvaxes e naturais do Caurel, no que destaca a interpretación das profesionais de danza contemporánea Ari Vázquez e Skío Carral.
Neste último traballo, o trío formado por Laura Zeltia Acuña Barros (compositora da canción), Miguel Carballido Cernadas e Cibrán Seixo Pazos mistura folk acústico con texturas electrónicas suaves, creando unha atmósfera íntima con moita forza e sensibilidade.
O novo videoclip foi levado a cabo coa dirección de Bruno Pierucci (Bariloche, Arxentina), fundador de Blue Cherry e TVIP Studios con sede en Irlanda. Este transpórtanos a unha historia onde as Mouras (Ari Vázquez e Skío Carral) son as protagonistas xunto coa cantante Zeltia Acuña.
A canción foi gravada en Castrolandín no estudio de Cibrán Seixo Pazos, que ademáis exerceu como productor, levando a cabo Miguel Carballido Cernadas e Laura Zeltia Acuña Barros as labores de coproducción. A realización da mestura está feita polo mestre Virgilio Fernández Jiménez e a masterización por Pancho Suárez de Lis de Planta Sónica (Vigo).
O resultado é unha canción íntima e crítica, pensada coma unha viaxe sonora polos bosques do Caurel onde semella que todavía habita a lenda.
As Mouras son espíritus femeninos fortes que según a tradición habitan os ríos, os montes e os penedos. A canción fálanos dun territorio onde a natureza, a memoria e o mito conviven.
A escolla perfecta das bailarinas Ari Vázquez e Skío Carral non é casualidade, dende un primeiro momento Zeltia Acuña visualizounas para interpretar a figura mitolóxica, xa que son mulleres que transmiten coa súa danza, unha delicadeza e forza a partes iguais.
O tema naceu tralos incendios forestais do 2022 que afectaron e puxeron en perigo a moitas aldeas do Caurel e a un dos bosques autóctonos máis antigos de Galicia, falamos dunha das xoias do noso patrimonio natural, a Devesa de Rogueira.
A letra é unha reflexión introspectiva sobre como o noso xeito de vida fainos non escoitar e pasar por alto a fraxilidade da paisaxe e a necesidade de protexelo. Reivindica a figura das “Mouras” como as gardiáns dos bosques e como guías espirituais daquelas persoas que defenden a terra.
Foi rodada na contorna da aldea de Vilamor, a Cova da Moura, a fervenza do Rexio e o Val das Mouras, entre outras localizacións.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)