A Estrada ampliará a EDAR de Aguións, ao límite da súa capacidade
O Concello da Estrada asumirá a redacción do proxecto para a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Aguións, unha infraestrutura inaugurada no ano 2005 e que na actualidade se atopa ao límite da súa capacidade. Así o confirmou o alcalde, Gonzalo Louzao, tras a reunión mantida na tarde do xoves coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. O rexedor explicou que a depuradora estradense está infradimensionada, non só polo crecemento da poboación urbana, senón […]