Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today8 enero, 2024
Padrón. 08-01-2024.- O Concello de Padrón convoca a décimo edición do Certame Poético Rosalía de Castro co obxectivo de promover a poesía galega e homenaxear á figura da escritora galega máis universal.
O prazo de presentación dos traballos finalizar á o 15 de marzo.
A participación no concurso está aberta a calquera persoa, independentemente da súa nacionalidade. A temática e a forma poética escollida son libres, pero só se aceptarán obras inéditas en lingua galega, non premiadas noutros concursos, e cunha extensión mínima de 400 versos.
O traballos deberán presentarse no Concello de Padrón (rúa Longa, 27. 15900-Padrón) por quintuplicado e en papel, en tipografía Arial e tamaño 12, polo sistema de plica.
A obra gañadora será premiada con 1.500 euros e un diploma acreditativo. Publicarase, ademais, na colección de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.
O premio entregarase no mes de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas ou nunha data próxima. A decisión do xurado coñecerase antes do 17 de maio de 2024 e darase a coñecer a través do taboleiro de anuncios e da páxina web do Concello.
As bases completas do X Certame Poético Rosalía de Castro poden consultarse na web do Concello de Padrón.
O último gañador do certame foi Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), coa súa obra Konpostela.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)