Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas
O alumnado de 2 a 3 anos da EIM O Bosque puido ver os tenreiros e as vacas, coñeceu de primeira man como se alimentan e accedeu á sala de muxido
Ames, 10 de abril de 2024.– Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, a pasada semana visitaron unha granxa na Escravitude onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.
Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día é fundamental. Por iso, para coñecer de primeira man como funciona unha granxa, a Escola infantil municipal O Bosque visitou unha explotación gandeira na Escravitude.
Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da EIM O Bosque puido ver os tenreiros e as vacas, coñeceu de primeira man como se alimentan e accedeu á sala de muxido. Ademais, tamén subiron a un tractor e desfrutaron da compañía dun burro que traballa na granxa. Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas.
Escrito por Líder Redacción
Radio Líder Santiago te ofrece una cuidada selección musical donde suenan los grandes clásicos que forman parte de nuestra vida, junto a una selección con las novedades más interesantes.
closeCopyright © 2023 Radio Líder Santiago de Compostela - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)